O presente volume ofrece un variado conxunto de receitas de pastalaría clasificadas segundo se trate de biscoitos, cremas, masas, sobremesas con froitas ou de leite, semifríos, xeados, sobremesas de nadal... para achegar ao lector unha explicación sinxela para a elaboración de suculentas sobremesas. A explicación iníciase coa relación de materiais que se precisan en cada caso, así como a cantidade exacta de ingredientes, para pasar a continuación a relatar o proceso de elaboración. O libro, tal como foi concebido, serve de guía para os alumnos de cursos de pastelaría. Así, os aprendices contan cunha ferramenta de traballo que os conducirá …
¿A quen lle amarga un doce? Iso é o que Mariano García e Fina Casalderrey se preguntan no limiar de Repostería en Galicia, un libro clásico na literatura gastronómica galega, revisado e actualizado nesta nova edición que ofrece a colección Xerais Gastronomía. Desde os doces sinxelos que se poden facer na casa, sen precisar experiencia na cociña, aos de maior complexidade na súa elaboración, e desde os sabores de longa tradición aos máis innovadores, toda a repostería do país se dá cita nestas páxinas. Logo dun minucioso traballo de investigación, que levou os autores a percorrer física e bibliograficamente Galicia, …
O doutor Fausto Galdo, na estela do xenial Cunqueiro, realiza un percorrido por toda a xeografía gastronómica galega de onte e de hoxe. O Abecedario das mantenzas é, en palabras do historiador e académico Xosé R. Barreiro Fernández, un dicionario dos nosos peixes, froitas, carnes, mariscos, viños..., pero tamén da forma de adubalos e cociñalos sen excluír os nomes e as obras dos mellores coñecedores da cociña galega nin descartar noticias, proverbios, cantigas, ditos e lendas sobre a nosa gastronomía. Este libro resulta algo ben diferente daquelas obras que só pretenden ser un receitario práctico e que deixan de lado …
Os cogomelos na cociña e outras cousas é unha singular achega á literatura gastronómica. Atopamos pratos que podemos encadrar na 'nova cociña' e outros que adaptan receitas tradicionais, convertendo os cogomelos habitualmente, tratándose tanto unhas como outras de composicións innovadoras.
Valorando a importancia do coñecemento do que a natureza pon nas nosas mans, a súa utilización para fins gastronómicos e o papel da conservación, a obra está concibida en tres partes:
Na primeira, Na cociña cos cogomelos, preséntase un pequeno mostrario dos cogomelos máis apreciados na cociña e unhas notas sobre conservación e precaucións …
Editorial Galaxia publica Cociñando ao pé da letra, unha orixinal proposta, a medio camiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Un libro que demostra que todo pode ser cociñado. Un volume para, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos. Un texto para saborear as palabras ben escritas en receitas contadas doutra maneira. Un libro, en definitiva, que repara no vencello estreito entre os verbos cociñar e escribir. En palabras de Yolanda Castaño: "Vinte e unha escritoras e escritores galegos, coa máxima diversidade en canto a sexo …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.