A QUE SOA VIGO Son da Cidade é o libro sobre a música local viguesa do século XXI. Que se está a cociñar nos estudios e salas de concertos da cidade olívica Do rock ao trap, pasando polo folk, reggae e iazz, nas súas páxinas altérnense textos, debuxos e material gráfico sobre case cincuenta artistas locais que representan a súa ampla e variada escena musical. De sempre, Vigo gozou dunha importante tradición musical. Mesmo antes da Movida dos oitenta, a urbe galega non deixou de acoller o talentosos artesáns do son. Malia que a súa sona mediática sexa menor, na …
Mentres a comunidade estadounidense da década de 1970 vibraba coa música funk e disco nos clubs de moda dos barrios ricos de Nova York, algo máxico estaba a piques de suceder nos guetos da periferia, onde comeza a xerminar un novo movemento sociocultural, artístico, reivindicativo e transgresor que en poucos anos chegaría a todos os recunchos do planeta Falamos do movemento hip hop, composto polos seus cinco elementos: breaking, rap, graffiti, turntablism e beatbox. Neste libro descubrirás os fundamentos, trucos e segredos de cada unha destas disciplinas, xunto cunha ampla colección de ilustracións orixinais.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.