A timidez das copas é un fenómeno biolóxico que consiste nun distanciamento das árbores na súa cúspide. As follas máis altas deteñen o crecemento para non tocarse coas das copas adxacentes. O espazo resultante debuxa unha sorte de aberturas que permiten a entrada de luz no bosque. É así posible a fotosíntese.
A poesía percorre os carreiros do ceo a través do desexo, a procura, a incerteza. A maternidade cóase no torrente das fendas, ancora na frondosidade para crear unha natureza inventada. Afastarse do estalido da realidade. Un lugar ao abeiro do bosque no que experimentar o vínculo dende o …
O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira. Xela Arias, que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era -un trato …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.