Este volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta índole que son boa mostra da amplitude do seu xenio.
AO VOSO GUSTO (probablemente escrita e estreada en 1599) é unha comedia romántica e pastoril. Varios personaxes, que foxen da corte vítimas de distintas inxustizas (un duque deposto por seu irmán, acompañado dun pequeno grupo de leais; a súa filla Rosalinda, desterrada polo tío e acompañada pola súa prima Celia; o xove Orlando, desposuído e maltratado por seu irmán maior, acompañado por un vello e fiel servente), coinciden no idílico bosque de Arden, onde transcorre a maior parte da obra, …
COLGADOS
"Non che digo que o seu era o de colgarse? "A las cinco de la
tarde subía con toda la muerte a cuestas"... ao faiado. Á hora
dos touros! Aquilino era forte como un boi. Mentres a xente de
idade durmía a sesta, el colgábase un tempiño, até que quedaba
a gusto e conseguía botar fóra ese aquel que un leva nas
entrañas, que che proe por dentro como un bicho, xa saben a
que me refiro. Porque para colgarse ten que darche un chisgarabís
ou un rauto como vulgarmente se di..."
PISADOS
"P ois o zapato dixo claramente, "chan, chan"... E logo que
pensan que había dicir un zapato …
\"Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois contén algo máis que as 10 pezas breves que se anuncian no índice, agrupadas baixo o lema \"textículos dramáticos e posdramáticos\", que, como tal, xa implica unha vontade clara de polémica, tanto pola filiación \"post\" que se lles reclama, como pola dimensión \"testicular\" dos ditos textos, o que supón un indicador preciso do núcleo temático dos mesmos que non é outro que as formas do amor (ou do desamor).
Hai xa bastantes anos asistín a unha conversa entre dous coñecidos dramaturgos na que un lle preguntaba ao outro pola …
Plastic dolls show
Cabaré en clave metaliteraria
Nun cabaré, a medio camiño entre a realidade e a fantasía, asistimos á desesperada metamorfose de Juliette como a única saída ao tedio da existencia. Unha fuxida cara a ningunha parte que Casandra, guiada só polo que ve nos soños que a asedian cada vez con máis frecuencia desde hai algún tempo, intentará deter para evitar unha traxedia tan irremediábel como previsíbel, e que, talvez precisamente por iso, nos fai sentir un abismo baixo os pés. Así, cun nó de vertixe no estómago, ficamos a ollar o espectáculo -denigrante e tenro asemade- dunhas personaxes imposíbeis …
Titúlase este tomo NOVO TEATRO FANTASTICO por ser, en certa maneira, continuador daquel FORNO DE TEATRO FANTASTICO que o autor publicara en 1991; tratábase entón, como agora, de xuntar algunhas pezas que non había maneira de clasificar atendendo ao destinatario, pois que non foran pensadas estritamente para crianzas nin estritamente para adultos. Eran, simplemente, do xénero fantástico, e de quen nelas quixese entrar. Estas de agora diferéncianse daquelas en que son máis e talvez máis diversas. Os seus títulos e cronoloxía: CANDEA BRANCA (2008), RAMONA E O SOL (2008), GRETEL E BELA (2011), O GATO CON BOTAS (1968-2011), O MANDARIN …
Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención.
Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden.
Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, cómpre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque d' Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012. Segundo os membros do xurado, "a obra desenvolve un misterio moi …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.