Introduce tu nombre de usuario y tu contraseña:
Poden dúas persoas á deriva salvarse mutuamente? Pode a necesidade de amar e ser amado abondar para sobrevivir cando a burbulla da felicidade estalou en mil anacos?
Grace e Frank son dous superviventes de si mesmos nun Londres cheo de focos vitais. Son o tráxico resultado de anos e anos de inseguridades, medos, carencias afectivas e unha busca desesperada de aprobación na ollada allea.
Cando os seus presentes chocan e se funden nun único futuro, a súa sorte está botada. Illados de todo e de todos, iniciarán unha fuxida cara adiante que lles procure o que …
Lémbrando a ROSALÍA DE CASTRO
Os derradeiros momentos da vida dunha muller. As lembranzas agroman no leito entre a doenza, a febre e a dor. Comezan a desfilar, entón, os feitos relevantes da súa vida. Amores, desamores, pensamentos, libros, viaxes, soños...
Lembranzas entrecortadas, nunha néboa que as vai enterrando no definitivo esquecemento... A través dunha obra de absoluta ficción que recrea a dramática loita entre a vida e a morte, a confusión entre o real e o soñado, así como as lembranzas, temores e aspiracións dun horizonte histórico nunha Compostela de soños liberais e románticos, de arelas esgazadas e rotas
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.