"A cidade dos nenos" é un proxecto impulsado en 1991
por Francesco Tonucci no seu Fano natal -de 60.000 habitantes- partindo da filosofía de que unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para toda a veciñanza.
Así, impulsou a creación dun Consello Municipal da Infancia
para que os máis novos colaborasen no deseño e na planificación dos servizos e dos espazos urbanos. A partir de 1997 a iniciativa foise estendendo por numerosas cidades de Italia, España, Arxentina, Chile, Colombia, México, Paraguai, Uruguai e Perú.
Trátase da primeira tradución ao galego desta …
De letras e de imaxes nas aulas de Primaria nace das inquedanzas e reflexións de investigadores, vinculados ao grupo LITER21 (GI-1839) e ao Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, sobre o acto cocreador da lectura textual e visual.
Conscientes de que no transcurso da Educación Primaria o alumnado precisa asentar o hábito lector, toman como base fundamental a Literatura Infantil e Xuvenil, entendida como recurso para a amosar como se pode estudar e ensinar que é e como se accede á Literatura.
Desde a dupla óptica da Educación literaria e a …
Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras: ensino e literatura. Un camiño de ida e volta recolle un abano de traballos asinados por mulleres que sentiron a necesidade, desde as súas atalaias de docentes-investigadoras, de iluminar o labor desas conxéneres que puxeron a semente e fixeron medrar o noso patrimonio cultural.
Nun primeiro bloque, ?María Victoria Moreno: ensino e literatura?, revísase e ponse en valor o seu quefacer creativo na emerxencia e consolidación do sistema literario infantil e xuvenil galego, así como a súa axencia renovadora na institución escolar. Este achegamento á autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018 …
Philippe Meirieu é unha das personalidades máis destacadas
da actualidade en Francia no campo das Ciencias da Educación.
Recoñecido polos seus textos e intervencións públicas en favor
dunha visión progresista da escola e da educación, nesta ?Carta
a un profesor mozo? reflexiona sobre o oficio dos profesores
na actual sociedade e aborda cuestións da formación deste gremio
nas súas diversas vertentes: deontoloxía, ética, desenvolvemento
cultural e didáctico, claves cidadás...
Redactouna en 2005, recén chegado ao cargo de director
do Instituto Universitario de Formation de Maîtres de Lyon.
Trátase dun ensaio …
Una de las tareas de los prescriptores de literatura infantil es la de unir esfuerzos para garantizar que todos los niños y niñas accedan a la lectura en igualdad de condiciones, sobre todo, a la lectura como fuente de placer. Pero no todos los niños y niñas tienen las mismas capacidades... A menudo pensamos en la inclusividad como una utopía, como un ideal que cuesta mucho conseguir por falta de recursos materiales, humanos, económicos...Queremos romper con estos tópicos y concienciar del poder que tenemos los profesionales y las familias para contribuir a la inclusividad plena. La manera como tratamos a …
?Carta a unha profesora? foi o sorprendente texto escrito
por nenas, nenos e adolescentes dunha escola rural italiana entre 1966 e 1967 para denunciar a selectividade social
que impón un modelo de educación clasista e conservadora. Foi elaborada desde unha escola promovida e xestionada
por Lorenzo Milani. A mensaxe do libro recorda ao Balbino
de ?Memorias dun neno labrego?, o ninguén que -da man
de Neira Vilas- denunciaba a mala escola e os profesores autoritarios. Esta obra converteuse axiña na lectura
de cabeceira de moitas mestras e mestres. As ideas de Milani puxéronse en …
John Dewey está recoñecido como o máis preeminente teorizador
da educación no século XX. Influíu na organización académica
da educación escolar estadounidense e a súa obra -cunha gran proxección internacional- tivo moita incidencia no desenvolvemento teórico das Ciencias da Educación. Os expertos destácano como
un reformista social, insatisfeito coa evolución da democracia
no seu tempo, e valoran a súa defensa da ciencia, do progreso,
das transformaciones sociais derivadas da industrialización,
do comercio e das comunicacións. Pola vixencia dos seus postulados pedagóxicos, na lectura de Dewey están as claves
para interpretar os problemas da …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.