Resultados de búsqueda para "BAIA"

As miñas primerias palabras en inglés
As miñas primerias palabras en inglés
Aa.Vv.
Queres aprender inglés? Este é o mellor libro para iso. En cada unha das súas páxinas podes aprender vocabulario relacionado coa familia, o corpo, a roupa, a rúa, os alimentos, os transportes, os deportes, os animais, as formas, os números, as cores, os días da semana...
11.87 € 12.50 € Papel
A linguaxe das plantas Os seres máis fascinantes do planeta
A linguaxe das plantas Os seres máis fascinantes do planeta

Que pasaría se as plantas tivesen súper poderes dos que nada sabemos Podería ser que as plantas sexan as donas do mundo Cando miras para as plantas e as árbores seguramente dirás: moi bonitas, pero un pouquiño aburridas. As plantas nin andan nin falan e aínd por riba non fan nada cando as arrincamos, cortamos e cando lles prendemos lume. Pero sabemos o que facemos Hai moitos científicos recentes que poñen patas arriba a nosa percepción tradicional das plantas e das árbores. Agora non só sabemos que se interesan polo mundo que as rodea, senón que reaccionan ante el. Ademais, …

Leer más
19.00 € 20.00 € Tapa dura
Pois eu!
Pois eu!
Losada Galiñáns, Carlos

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil). Co-edición con Agadic.

O xurado destacou en Pois eu! a calidade da escrita dramática, na que os monicreques son os verdadeiros protagonistas, e o tema central reflicte a súa capacidade para levar adiante unha ficción teatral mediante o xogo escénico imaxinativo e eficaz coas convencións e a súa relación tanto co personaxe que dirixe coma co público. Nunha estrutura complexa pero coherente, esta proposta metateatral artella diferentes tramas que, con gran sentido rítmico, remiten desde ao fantástico nos ecos …

Leer más
13.30 € 14.00 € Tapa dura
O trevo da sorte
O trevo da sorte
Romero, Medos

Soubo que era muller dun só instante, e todo o demais era perdido. Instantes que non perduran eternamente, que se esvaen, como se esvae a auga que corre e non é xa a mesma auga nunca. Momentos que non volven, e era absurdo tratar de retelos, porque non é posíbel. Carla soportou os días torturada polos seus propios desexos, e pediu a morte de veras decatándose do que era, e esta chegoulle un día de outono, deitándoa espida sobre da herba. Alí ficaba Carla, núa, serena, coma unha deusa nun cadro de Boticelli, co mirar escuro de desamparo. Carla, soa …

Leer más
10.83 € 11.40 € Rústica
O espazo de fóra Unha aventura noutra dimensión
O espazo de fóra Unha aventura noutra dimensión
Sodomka, Martin

Unha moza e dous mozos pasan o tempo despois das clases explorando as posibilidades teóricas de viaxar ao espazo, cando as cousas toman un xiro inesperado. Os seus xogos inocentes pasan a unha dimensión totalmente diferente e acaban vivindo unha frenética aventura con dous viaxeiros do tempo.

Moita xente pensa que os milagres máis abraiantes se atopan no mundo da fantasía. Mais hai un mundo onde acontecen cousas tan fascinantes que fan palidecer calquera arrouto da imaxinación humana. Ese mundo está aquí, agochado nos finos fíos da realidade que nos rodea. Non é produto dunha ilusión, senón …

Leer más
17.10 € 18.00 € Rústica
A voz das últimas cigarreiras coruñesas Lembranzas do tempo ido
A voz das últimas cigarreiras coruñesas Lembranzas do tempo ido
Romero Masiá, Ana

Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán. Darlles voz directa, non falar sobre elas ou por elas, senón que sexan elas as que falen por si mesmas. Nesta ocasión non puidemos ir á Fábrica de Tabacos agora convertida en Audiencia Provincial pero buscamos lugar no que encontrarnos para falar con elas. Así, ao longo de horas de conversa con Pilar, Cani, Lolecha, Mariceli, Rosi, Elena, Camocha, Matucha, Elvira e Rosalía puidemos comprobar como pasados xa case 20 anos do peche da Palloza seguen emocionándose cando rememoran o seu paso polos diferentes talleres, as relacións cos xefes, …

Leer más
28.50 € 30.00 € Rústica Sin stock
Lingua galega e literatura 3ºeso
Lingua galega e literatura 3ºeso
Lopez Viñas, Xoan
Os libros estrutúranse en 12 unidades de 16 páxinas, para que sexa viable traballalo nun curso escolar, deixando marxe para o reforzo. Cada unidade organízase así:

Empreza traballando a Lectura e comprensión, seguida da Expresión escrita e o Léxico.

A continuación preséntase a Gramática, a Ortografía e incide na Expresión Oral.

Coa Sociolingüística e a Literatura pretédese axudar a superar o prexuízos lingüísticos.

Rematamos coas Técnicas de traballo e Reforzo de competencias.
36.39 € 38.31 € Tapa blanda o bolsillo
Axenda 2021
Axenda 2021
Baia

A Axenda 2021 de Baía Edicións vén enriquecer o panorama en galego da edición de axendas-dietarios.

Das súas características físicas, que rompen coa rixidez tradicional destes produtos, destaca a flexibilidade, e respecto co medio, da súa cuberta de cartón, orixinalmente ilustrada cun motivo da nosa simboloxía prehistórica, a práctica e eficiente goma de pechamento e un cómodo marcador téxtil interior.

Salienta nesta entrega editorial o compromiso coa divulgación da cultura galega, cun espazo para recordar cada día as efemérides máis relevantes da nosa arte, literatura e ciencia.

Leer más
16.15 € 17.00 € Papel
Como sobrevivir ao curso 2021-2022
Como sobrevivir ao curso 2021-2022
Baia
A axenda mantén a estrutura de páxina por día, con espazo suficiente para anotar todas as tarefas e actividades, así como unha pequena caixa a pé de páxina para facer anotacións especiais; algunhas conteñen referencias a comemoracións, as mínimas para o recordo escolar.
11.40 € 12.00 € Tapa dura
Rodribico e a noite
Rodribico e a noite
Guisande, Manuel
Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar. Ademais de voar, xogar, e divertirse, o que máis feliz o fai é compartilo todo cos seus amigos e amigas. Queres coñecelo?
6.84 € 7.20 € Tapa dura Sin stock
Elementos a de un total de 10


Aviso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.