A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET.
I. De predicador a Mesías.
Quen foi realmente Xesús de Nazaret?
Desvelando séculos de opacidade e escurantismo, este libro ofrece
unha resposta clara e precisa. Através da análise rigorosa das fontes e
da consulta e estudio dos máis prestixiosos especialistas, coñecemos
as complexas relacións sociais do seu tempo (coa resistencia xudía á
dominación romana como pano de fondo); o nacemento, a filiación, os
irmáns, María de Magdala..., a formación intelectual e relixiosa.
Asemade, achegamos as claves que informan a mensaxe do Mestre,
co anuncio do Reino como premisa fundamental. Finalmente, explicamos
as causas que o levaron ao prendemento e á execución na cruz.
Crónicas e figuracións dun transmundo colonial.
Chegou axiña. Un home alto, robusto, cachola grande, face ovalada,
cellas curvas, longas fazulas, beizos carnosos, barba moi curta, pelo
case ao rape. Tiña un sorriso franciscano, só lle faltaba a carapucha
para ser un tal. Era o Nuredin. Falaba un francés moi comprensíbel,
meno s mal. Díxenlle de irmos a Temara e, moi cortés, suxeríume
baixarmo s ao porto, na foz do río, e collermos o paseo e logo a estrada
da beiramar, para evitar os atrancos na travesía do centro da cidade a
aquelas horas. Conforme, díxenlle, vostede sábeo millor ca min. Botou
un sorriso de compracencia pola miña confianza. O …
O lector ten nas súas mans a segunda parte da Gramática Histórica Galega do Prof. Manuel Ferreiro, dedicada, nesta ocasión, ao estudo do devir léxico-semático do noso idioma, que continúa e complementa a primeira (xa na 4ª edición), centrada na Fonética e na Morfosintaxe.
Co presente volume cérrase unha viaxe lingüística a través dos séculos, que se converterá, máis unha vez, nun referente inevitábel e nun instrumento fundamental para toda aquela persoa que pretenda coñecer en profundidade a evolución lingüística do idioma, o primeiro sinal de identidade da nación galega.
E para Laiovento unha satisfacción a publicación dun traballo que, con todo …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.