Moitas persoas pensan que os malos tratos animais é un problema menor. Unha preocupación frívola do mundo occidental desenvolvido. Unha causa pequena superada en importancia por outras terribles, indubidablemente, que teñen como protagonista desgraciado ao propio ser humano. Sabemos que todas son importantes e requiren do esforzo e o compromiso de todos para combatelas. Para as autoras deste libro, a frivolidade e o cinismo residen nas persoas indiferentes a esta e a todas as grandes causas. Este é un conto para nenos e para nenas que talvez non comprendan as palabras desta re exión. Mais confían en que os verdadeiros …
En 1972 publicábase The limits to Growth, (Os límites do crecemento), unha obra que resume o informe (coñecido como informe Meadows) solicitado polo Club de Roma ao Massachusetts Institute of Technology. Preparado por un grupo de profesores e investigadores desta institución, trata de analizar os retos da Humanidade cara ao futuro, nun momento xeneralizado de desilusión e incertezas e tras dúas décadas de crecemento económico extraordinario: no paso dende o capitalismo produtivo ao capitalismo financeiro; no comezo da globalización económica e das tecnoloxías da información e comunicación, unha consecuencia doutra. O resultado reafirma que o camiño que seguiu a humanidade …
A edición desta obra contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa colaboración da Real Academia Galega. Dixitalización do manuscrito realizada por: Unayta (www.unayta.es) En Maxina, seguindo moldes da novela folletín da época, cóntase a tormentosa e desgraciada historia de Otilia de Sancti-Petri, unha moza da burguesía compostelá que é violada nun baile de máscaras, a consecuencia do cal nacerá unha nena que chamarán Maxina. Co fin de preservar a honra da nai, a nena será dada ao hospicio, e logo recollida e criada polos labregos Inés e …
Máis de medio século despois das revoltas de Stonewall Inn (Nova York, 1969), os avances en relación á situación das persoas LGBTI son innegables en practicamente todas as sociedades que se consideran a si mesmas desenvolvidas, máis queda aínda moito por conseguir. Neste libro, coordinado por María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo, achéganse traballos onde se nos amosa a dura realidade que ten que enfrontar este colectivo: discriminación, violencia, dificultades de integración, etc., á vez que se fan propostas de estratexias para promover unha sociedade máis xusta e libre de discriminacións e violencia.
Un espazo. Un recordo. Os lugares de memoria son por riba de todo espazos físicos, tanxibles, que se enchen de contido. Os artigos que compoñen este libro son unha escolma simbólica do traballo que aínda queda por facer no ámbito desta recuperación. Un Pasado arrincado que esquecemos, en parte porque faltan preguntas. O proxecto ten a vontade de mellorar o enfoque interpretativo nesta temática, ampliando o recordo tanto sobre o que nos lembra a violencia represiva como sobre o que sirva para sementar a conciencia de construción dun futuro en colectivo; dos traballos, do compromiso de moita xente que fica …
Dicía Eduardo Galeano que o fútbol é a única relixión que non ten ateos. E aínda aqueles que deostan este deporte non poden renegar das moitas veces que de nenos correron entusiasmados detrás dun balón dándolle patadas nunha rúa ou nun descampado. Unha improvisada cancha foi o feliz territorio da infancia de moitos de nós. Sobre ela forxáronse inesperadas alianzas e naceron grandes rivalidades. Nese terreo delimitado polas áreas das porterías todos eramos iguais, non había clases, nin razas, nin cores. Todos tiñamos un único obxectivo: o gol. Recuperando ese espírito infantil do xogo, presentamos nesta antoloxía unha escollida selección …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.