Tras a finalización da Guerra Civil española, miles de refuxiados tiveron que pasar polo purgatorio dos campos de concentración franceses. En Illote P, Barraca 16, Santiago Rodríguez Salinas, un deses exiliados forzosos, achéganos á vida neses campos de concentración, onde a súa longa estadía lle permitiu coñecer e vivir intensa e extensamente os feitos que se narran, todos reais, e que amosa o grande espírito de acomodación e de improvisación dun pobo que soubo sobrepoñerse á traxedia e, con estoicismo, moitas veces heroico, resolver con inventiva e graza innatas, situacións difíciles, convertendo en cómico o que doutro xeito puido ser …
No século XIII, unha " troupe " de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga.
" A arte de trobar " é unha novela luminosa, escrita con felicidade e …
Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto do bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que non quere que ninguén se achegue ás súas colmeas; a nova escola tampouco é como esperaba: está farta de soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto e por ser máis intelixente ca todos eles. Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño. Un conto de fadas pouco convencional …
Este libro francés de gravados, de autor descoñecido, da derradeira década do século XIV, relátanos a historia do príncipe suevo-galaico Ponthus, fillo do rei de Galiza, que se viu obrigado a fuxir do seu país, tras a invasión de Galiza e o asasinato do seu pai, o rei Thibour, polos sarracenos. Exiliado na Corte bretoa, en Francia, Ponthus namórase da bela Sidoine, filla do rei de Bretaña, e atinxirá a amizade deste soberano e a dos reis de Inglaterra e Irlanda.Tras o seu casamento coa súa amada Sidoine, Ponthus terá por obxectivo motu proprio reconquistar o seu reino, Galiza, ocupando …
Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios …
A Illa do Covo, topónimo como se coñece a insua formada na xunqueira do Lérez, muda en Illa das Esculturas no contexto do ano Xacobeo 99. O proxecto xorde para incorporar o borde urbano ao centro histórico e cultural de Pontevedra, e a illa convértese nunha extensión ao ar libre do Museo Provincial. A Illa das Esculturas baséase nunha simbiose entre medio ambiente e paisaxe, desenvolvendo un diálogo co espazo natural e a creatividade artística. Estas mesmas premisas guiaron os autores e autoras das obras, de tal xeito que, as esculturas animan a cidadanía a adoitar unha nova ollada do …
O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das súas amigas. Ante esta situación, mergúllase na lectura de forma compulsiva e vai diminuíndo a súa necesidade de inxerir alimentos; dous factores que, unidos, provocan en Gala un afastamento da razón e a convicción de que o reino de Margonia está agardando por ela. Despois de sufrir un episodio grave de saúde, os pais ingrésana nunha unidade somática onde establecerá unha relación moi especial coa psiquiatra Lourdes Regueiro, quen se converterá na …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.