Tras a finalización da Guerra Civil española, miles de refuxiados tiveron que pasar polo purgatorio dos campos de concentración franceses. En Illote P, Barraca 16, Santiago Rodríguez Salinas, un deses exiliados forzosos, achéganos á vida neses campos de concentración, onde a súa longa estadía lle permitiu coñecer e vivir intensa e extensamente os feitos que se narran, todos reais, e que amosa o grande espírito de acomodación e de improvisación dun pobo que soubo sobrepoñerse á traxedia e, con estoicismo, moitas veces heroico, resolver con inventiva e graza innatas, situacións difíciles, convertendo en cómico o que doutro xeito puido ser …
A mediados do século XIX e durante o primeiro terzo do XX, os pais do Rexurdimento, os integrantes das Irmandades da Fala, os intelectuais da xeración Nós e exiliados republicanos galegos en América dedicáronse a construír e imaxinar unha nova nación galega, dotándoa de símbolos patrios. No ano 2020 conmemoráronse 100 anos da institución do Día de Galicia, efeméride arredor da cal este libro realiza un percorrido histórico. Tras este centenario hai un longo acervo de celebracións. Este libro trata de responder a unha serie de cuestións relacionadas coa representación oficial da identidade galega.
Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional; a reconstrución do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a súa fuxida cara ao bando republicano, os xuízos sumarísimos que sufriu e o seu traballo como secretario da Solidaridade Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamén é unha memoria lúcida do exilio galego en México, onde Elixio Rodríguez foi un dos promotores da emisión radiofónica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega e colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixían Luís Soto e Carlos Velo, -xérmolo e vangarda …
SUSO SANDOVAL E UN DETECTIVE EN HORA BAIXAS QUE TIVO QUE TRASLADAR A SUA OFICINA A UNHA TABERNA DO PORTO: DAS ALMAS PERDIDAS. NO SEU MATRIMONIO AS COUSAS NON VAN MELLOR, A SUA MULLER O ESTA A ENGANAR CON DON PORFIRIO, UN EMPRESARIO DONO DE MEDIA CIDADE. DE XEITO INOPINADO, O EMPRESARIO CONTRATA A SANDOLVAL PARA QUE VIXIE A LILIAN, A SUA BELA ESPOSA FRANCESA. O DETECTIVE ACEPTA A SABENDAS DE QUE O QUE VAI PAGAR DON PORFIRIO NON E O SEU TRABALLO, SENON AS FAVORES DA SUA MULLER E A SUA MANSEDUME. FARTOS DE PERDER, SUSO SANDOVAL, LILIAN E …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.