Este volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta índole que son boa mostra da amplitude do seu xenio.
AO VOSO GUSTO (probablemente escrita e estreada en 1599) é unha comedia romántica e pastoril. Varios personaxes, que foxen da corte vítimas de distintas inxustizas (un duque deposto por seu irmán, acompañado dun pequeno grupo de leais; a súa filla Rosalinda, desterrada polo tío e acompañada pola súa prima Celia; o xove Orlando, desposuído e maltratado por seu irmán maior, acompañado por un vello e fiel servente), coinciden no idílico bosque de Arden, onde transcorre a maior parte da obra, …
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET.
I. De predicador a Mesías.
Quen foi realmente Xesús de Nazaret?
Desvelando séculos de opacidade e escurantismo, este libro ofrece
unha resposta clara e precisa. Através da análise rigorosa das fontes e
da consulta e estudio dos máis prestixiosos especialistas, coñecemos
as complexas relacións sociais do seu tempo (coa resistencia xudía á
dominación romana como pano de fondo); o nacemento, a filiación, os
irmáns, María de Magdala..., a formación intelectual e relixiosa.
Asemade, achegamos as claves que informan a mensaxe do Mestre,
co anuncio do Reino como premisa fundamental. Finalmente, explicamos
as causas que o levaron ao prendemento e á execución na cruz.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.