Filtrar por

Tipo de producto

Proveedores / Editoriales
  • XERAIS

POESÍA, ANTOLOGÍAS, ANUARIOS PARA NIÑOS Y ADOLESCENTES

Elementos 1 a 12 de un total de 54

Sinopsis

O xiro editado por Xerais

Papel 11.88 €

Sinopsis

No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm.
Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra e Shatila, Saraxevo, Auschwitz..., o poeta percorre as terras que o río Mekong irmanda coma un combatente solitario, coma un bo doi, e atopa as cicatrices que cobren o corpo do Vietnam e da Camboxa ...

Papel 17.10 €

Sinopsis

Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral dos eucaliptos, contra a ferruxe dos discursos que ignoran o movemento das dunas.
Atrévete a entrar e descubrirás que a poesía ofrece sempre un perfil inesperado.
Síguenos en Instagram:
@aplicacion_instantanea

Papel 11.54 €

Sinopsis

" Galicia en bus " é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo. Este libro, co que a escritora María Reimóndez gañou a XX edición do Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu, afonda na identidade persoal e na identidade política establecendo e proxectando unha forte ligazón entre distintos periplos e espazos que se vencellan á memoria, á experiencia, ao país e ao feminismo.

Rústica 11.88 €

Sinopsis

" Soños. Arquivos. Cartas " é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. " Soños. Arquivos. Cartas " componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que ...

Rústica 11.88 €

Sinopsis

" Long Play " soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de " jukebox de autoxeografía " . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da " twitteratura " a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a " aritmética beatle " : letras tristes + alegres melodías.
A " forma " do Long Play navega libertaria cara ás ...

Rústica 16.01 €

Sinopsis

RELATO CURTO
" Misións " [Lidia Dosil Tajes]
" Contacontos cotiáns " [Xosé Sobral Amoedo]
" Cortiza branca " [Antía Iglesias Fernández]

POESÍA
" Hadewijch " [Genaro Méndez Dasilva]
" Recuperar as mans " [Tamara Andrés Padín]
" Nas riberas dos finisterraes " [Paulo Vilar Millán]
" Un outono en Berlín " [Martín Iglesias Taboada]
" Capítulo " [Anxo Mena Rodríguez]

TRADUCIÓN
" Do que falamos cando falamos do amor " [Manuel Arca Castro]
" A historia secreta da alfombra voadora " [Moncho Iglesias Míguez]
" A cousa ao redor do teu pescozo " [Hadrián Pérez Roma]
" As mozas ...

Rústica 11.40 €

Sinopsis

-Declárome culpable: / asasinei o eu lírico-.
Estás convidada, querida persoa lectora, a participar neste crime e a acumular a ficción da cultura de masas e da " high art " . Avisada quedas desde agora: has ter que tomar decisións: unha corredoira ou a outra. Nunca no medio. Soltarás cancelas (enxértese unha advertencia aquí) e bosquexarás sorrisos neste enredo paranoico dos artefactos artísticos preparados para estoupar en calquera momento. Sen artificios. Con sinceridade animal.
Estás preparada, entón, miña querida persoa lectora, para darlle ao play e comezar o xogo?

Rústica 11.88 €

Sinopsis

Os fonemas bulen, choutan de palabra en palabra. A palabra préndeos e a propia acción da apropiación ten consecuencias, crea o ser, o significado. E nace o xogo, neste caso o palíndromo -o ser para preso-.
Este libro é a consecuencia de xogar co xugo dos fonemas, o son da lingua. -Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o beixo da fala.-

Rústica 11.88 €

Sinopsis

O neno acudía sempre á liturxia e chegou a ser consciente da relevancia das contradicións, o seu significado, aprender a desobedecer. O neno nacera, de feito, no lugar en que abrolla a propia execución da cerimonia que cantaba a praxe dunha supervivencia que despois o obrigou a desfacerse de todo aquilo que daba forma ao culto, tivo que aprender a cruzar os ríos. Foi así como puido reparar nos vencellos entre mobilidade, violencia, linguaxe e corpo.
Todo comeza, tamén aquí, co movemento da morte, da ausencia e da derrota que prende un lume. A necesidade de determinar e de medir ...

Rústica 11.88 €

Sinopsis

Un home contempla a vida e o paso do tempo desde a terraza dun bar e escribe poemas mentres toma un café. Pero a vida -e o tempo-, coma un agromo que se renova cada día, nunca se detén, nin nas miradas extraviadas dos perdedores, nin na arrogancia indomable dos adolescentes, nin no narcisismo fetichista das redes sociais, nin na estrañeza das avestruces que se ocultan, nin na aceptada resignación das persoas devoradas pola rutina, nin na ambición insolente e pretensiosa das motos.

Rústica 11.88 €

Sinopsis

Camiñar polos versos de A elegancia do século é facelo polas rúas de calquera cidade. Só cómpre a disposición dunha ollada atenta e solidaria, pois non é outra a mirada da poeta sobre a realidade cotiá. En efecto, a cidade e os seus moradores son o centro do poema. A cidade é metáfora da humanidade, encrucillada de vidas e de camiños polos que van chegando xentes nun deambular incansable. En cada poema atopamos lugares e personaxes recoñecibles, contemplados desde unha perspectiva próxima, nus ante a loita pola supervivencia. Son homes e mulleres cheos de valor e dignidade, persoas anónimas; pero ...

Rústica 11.88 €

Elementos 1 a 12 de un total de 54