"Cogomelos de Galicia e norte de Portugal" é, sen dúbida, a mellor e máis completa e actualizada publicación divulgativa dedicada á micoloxía en Galicia. Desde o rigor científico e o alto nivel de esixencia da súa autora, a bióloga e profesora da Universidade de Vigo Marisa Castro, este libro aborda múltiples facetas de coñecemento dos cogomelos en Galicia e no norte de Portugal, desde as cuestións máis científicas, como a súa situación taxonómica e clasificación, a súa nomenclatura e etimoloxía, a súa morfoloxía, os seus cheiros e arumes, as claves dicotómicas para identificalos, a outras cuestións como a elaboración dunha …
Tanto para especialistas como para curiosos e afeccionados, a Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia constitúe unha ferramenta utilísima. Os reputados autores desta guía (Marisa Castro, Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios) trazan un libro útil e doado de manexar que recolle tanto as árbores dos parques e xardíns públicos de Galicia como as especies autóctonas e de repoboación. Cunhas magníficas e precisas ilustracións de Jacobo Fernández Serrano -que permiten o rápido recoñecemento das especies-, o libro fai un repaso ás xeneralidades botánicas e os diversos usos das especies, poñendo especial énfase nas árbores froiteiras, sempre relacionadas co …
Título: RECODES DOS SERES VIVOS
Subtítulo: Anaos e gigantes, das bactérias aos vertebrados.
O presente livro, ótimo representante do subgénero infotenimento da
divulgaçom científica, documenta e oferece ao leitor, de maneira empolgante
e formativa, um amplo leque de dados respeitantes a valores
extremos (-recordes-) dos seres vivos, o que, para além do anedótico,
do surpreendente e do curioso, permite apreciar a fascinante adaptaçom
dos organismos ao seu meio e a impressionantemente rica -e
cada vez mais ameaçada- diversidade da vida. A obra está organizada
em cinco partes, de acordo com a classificaçom sistemática dos organismos:
Arqueontes e Bactérias, Protistas, Fungos, Plantas e Animais.
A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos, espectaculares imaxes acompañadas dun breve texto que, dunha forma curiosamente orixinal, proporciona algún dato do que aparece en cada fotografía.
Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos, fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dos insectos relacionados co mundo vexetal.
Como as especies comprendidas nesta colección son as máis coñecidas e abundantes no noso país, o tratado resultará moi …
Esta guía estuda os 14 anfibios e 29 réptiles que é posíbel observar en Galicia, ilustrados a toda cor por Calros Silvar. Acompáñase a súa descrición coa información sobre a situación e riscos actuais que padecen, mapas de distribución e cunha completa clave de identificación con debuxos detallados das características morfolóxicas das distintas especies estudadas. Como novidade, inclúese un anexo que permite diferenciar as especies de máis difícil identificación.
Recollendo o mellor da divulgación e dos estudos realizados con anterioridade sobre a herpetoloxía galega, esta guía convértese, ademais, nun magnífico punto de …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.