Esta "Gramática da lingua galega", preparada por Xosé Feixó Cid, preparouse cun carácter eminementemente práctico con intención de concentrarse nas dificultades para resolver o maior número de dúbidas a que habitualmente se enfrontan os usuarios da lingua galega. Cun tratamento sintético, esquemático e claro, ofrécese unha visión global da gramática, dende as unidades lingüísticas e os niveis da linguaxe até a fonética, fonoloxía e semántica, pasando pola morfoloxía, a sintaxe, a sociolingüística e a dialectoloxía. Unhaobra, adaptada á nova normativa, que pretende ser utilizada e comprendida polo maior número posible de persoas cunha formación básica.
Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o …
Este volume recolle a práctica totalidade dos traballos presentados na XII Xornada Científica Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), celebrada en Santiago de Compostela o día 9 de xuño de 2016, e que os seus autores reelaboraron para seren editados. O lector atopará, nas sete linguas da rede, reflexións moi variadas verbo do tema da xornada, que xirou nesta ocasión sobre Terminoloxía e normalización. Normalización entendida nos dous sentidos que esta palabra posúe en varias linguas románicas, a saber, por un lado, a extensión do uso da lingua naqueles contextos en que se considere preciso e, polo outro, a estandarización do …
"Gramática insubordinada", preparada polo Obradoiro de Lingua Gianni Rodari tenta operativizar a utopía de xogar a aprender ou de aprender xogando, que tanto ten. Pretende fechar a aula ao aborrecemento converténdoa nun obradoiro de investigación activa, diverxente, disparatada e creadora. E afillada da Gramática da fantasía de Gianni Rodari, curmá da Psicanálise dos contos de fadas de Bruno Bettelheim, neta da Morfoloxía do conto de Vladimir Propp e parente de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll. O Obradoiro de Lingua Gianni Rodari fai pedagoxía de pupitre. Le analizando o proceso creativo e aprópiase da estrutura dos textos de …
"Claro e seguido" é unha proposta metodolóxica para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoitar, falar, ler e escribir) que lle permitan ao alumnado mellorar a súa competencia comunicativa. Unha proposta que quere ser polivalente, en canto que inclúe máis de duascentas actividades para que o profesorado escolla ou adapte aquelas que máis se axeiten ao seu estilo docente e ao seu contexto académico particular (secundaria obrigatoria, agrupamentos específicos, obradoiros de comunicación, obradoiros de expresión escrita, educación de adultos...). Con todo, este material non foi deseñado como un conxunto de actividades illadas, senón como un método de ensino-aprendizaxe que responde a …
Nova edición corrixida. 2019
O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións dedica a poñer en mans das persoas interesadas en coñecer o noso idioma uns manuais de fácil comprensión, ao tempo que proporcionar uns textos para aqueles que precisen dunha forma rápida e segura resolver dúbidas a respecto da escrita do galego.
O presente manual resulta un material didáctico moi eficaz para os cursos de iniciación e perfeccionamento do idioma galego promovidos polas nosas autoridades educativas e culturais tanto no noso país como naqueles territorios con poboacións de tradición …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.