Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En conto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade …
ùPor favor! -oínme dicir. E as palabras chegaban por si mesmas-. Por favor, William Longspee. Axúdame. E de súpeto sentín pasos. Pasos conxelados, coma de zapatos de ferro. Vireime. Velaí estaba. Jon Whitcroft está a pasar por un mal momento. Súa nai e o seu novo mozo deciden envialo ao internado de Salisbury. Chuvias torrenciais, muros escuros, corredores estreitos, caras estrañas e un cuarto que terá que compartir con dous compañeiros de colexio. O que Jon non imaxina é que todo isto axiña se ha converter nun problema menor. Logo de seis noites no internado tres espíritos xorden de súpeto …
Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Ao final do libro convidámoste a que inventes algún compañeiro para toda esta xente. Trátase, xa que logo, dun libro xogo, no que a sorpresa da lectura e das ilustracións conforman un …
Teño 11 anos e 7 meses e puxéronme Morgana porque estaba de moda. Teño os ollos verdes, estudo sexto de Primaria e xogo ao baloncesto. O meu irmán Ricardo quere poñer un piercing no nariz, e por pouco non llo fai o meu pai sen anestesia nin nada. Na escola, din que vai vir unha mestra nativa de inglés e Silvia cre que unha nativa é alguén que vén de cando Colón descubriu América. Ademais, a Vítor cáenlle as cousas das mans cada vez que o miro, e toda a clase canta a copla: -A Vítor lle gusta Morgana, a …
El llibre parla de la simplicitat vinculada al disseny. La intenció és exemplificar unes quantes idees bàsiques i provocar la inquietud cap a la creació i innovació de dissenys útils i desencoratjar el fer i reverenciar dissenys purament formals.S'han agafat tres aspectes del disseny que s?estudien tradicionalment: el concepte de funció ?associat al de necessitat?, el concepte de forma ?associada també a la producció? i el concepte de comunicació i semàntica ?associat al símbol i a l?estètica?. Els tres conceptes s'han creuat amb les tres R de l?ecologisme és a dir: reduir, reutilitzar i reciclar.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.