O tartufo

O tartufo

Datos del producto

Editorial: LAIOVENTO (IBD)
ISBN: 9788484873914
Publicación: 02/2018
Formato: Papel
Idioma: Gallego
Número de páginas: 130
12.16 €

Impresión bajo demanda. Entrega en: 7-10 días

Sinopsis

-O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de
expresión fronte á censura e o intento de afogar toda crítica ao Poder.
Molière mantivo unha dura loita, resistindo rexamente contra o forte
sector reaccionario incrustado no aparato do Estado e acadou finalmente
a liberdade de representación. E dende o século XVII aos nosos
días O Tartufo ven engaiolando arreo directores e directoras, grupos
teatrais e público nas máis variadas latitudes e linguas.
Laiovento publica por primeira vez en galego O Tartufo na súa
integridade e orixinalidade, sen cortes nin adaptacións; en verso, por
fidelidade ao texto do autor e por recoñecemento á capacidade expresiva
da nosa lingua, que pasa moi dignamente esta esixente proba. E a
comedia acompáñase con varios documentos imprescindíbeis nunha
boa edición: os tres placet nos que Molière pediu ao rei que autorizase
a representación e mais o magnífico prefacio no que realiza unha
inmorrente defensa do Teatro, ao que el consagrou literalmente a súa
vida-.

Comentarios