Os monos de laxeiro

Os monos de laxeiro

Datos del producto

Editorial: LAIOVENTO (IBD)
ISBN: 9788484874096
Publicación: 07/2018
Formato: Papel
Idioma: Gallego
Número de páginas: 144
16.63 €

Impresión bajo demanda. Entrega en: 7-10 días

Sinopsis

O presente volume é unha recompilación exhaustiva da totalidade das viñetas que Laxeiro fixo para a prensa. Este traballo, actualmente non moi coñecido, de quen chegou a ser unha figura fundamental na renovación da arte galega do sáculo XX, é publicado por primeira vez de forma completa e significa, por tanto, unha achega imprescindíbel para o coñecemento, tanto dos inicios dun dos artistas galegos máis relevantes de tódolos tempos, como do humor gráfico na Galicia daquela época.

Estes traballos datan dos anos 1928, 1929 e de xaneiro de 1930. Laxeiro
tiña entre vinte e vinte e un anos e son o primeiro traballo profesional dun artista, aínda mozo, que demostra xa unha grande madurez e unhas dotes excepcionais para o debuxo, así como un fino sentido do humor.

O libro complétase con tres textos que abordan esta faceta de Laxeiro dende tres perspectivas ben diferentes, como son a circunstancia persoal e biográfica; o aspecto estilístico e antropolóxico e, por último, a contextualización no panorama do humorismo gráfico da época.

Comentarios