Nacionalismo e Imperialismo
(e outros escritos ).
"Unha nación ceibe é aquela que posúe o absoluto control sobor dos
seus própríos recursos e poderes internos, e que non sofre restrición
algunha na súa interrelación con tódalas as outras nacións en semellantes
circunstancias salvo as restricións establecidas pola natureza. É
iste o caso de Irlanda?. Se estivera en vigor o Home Rule Bill, sería iste o
caso de Irlanda? Para ámbalas dúas preguntas a resposta é: non; máis
enfáticamente. íNON!".
O texto que antecede forma parte dun artigo publicado por James
Connolly no Worker\\\\\'s Republic o 12 de febreiro do 1916. O 24 de abril
dese mesmo ano sublévase Irlanda -en singular, …
Teño que erguerme cando me presentan a alguén?
Podo apoiar os antebrazos na mesa cando estou comendo?
Pode acompañarme meu pai a unha entrevista de traballo?
Que levo como agasallo se me convidan a comer nunha casa?
Todas estas cuestións e moitas máis teñen a súa resposta en Será correcto?; unha guía divertida e sinxela, de fácil lectura e manexo e que seguramente axudará a sacar ao lector de máis dun apuro.
Na vida cotiá da maioría das persoas, encontrámonos ante diversas situacións que nos presentan dú- bidas e que resolvemos como podemos, pero …
RETRATO DO COLONIZADO
precedido do RETRATO DO COLONIZADOR
A Editorial Laiovento honra-se em dar a conhecer, em galego, Retrado
do Colonizado precedido do Retrato do Colonizador de Albert Memmi
no qüinquagésimo aniversário da sua primeira ediçom por Jean Jacques
Pauvert (1966).
Prologado na versom francesa por Jean-Paul Sartre e na inglesa por
Nadine Gordimer, prémio Nobel de Literatura em 1991, este livro encontra-
se entre as cem obras que marcárom o século XX, segundo a socióloga
Catherine Déchamp-Le Roux.
Considerado um dos estudos psicológicos mais penetrantes jamais
realizados sobre a opressom, esta obra tornou-se um clássico da literatura
anticolonial e, como tal, é livro de releitura que conserva a sua capacidade
de …
Imponse trazar unha liña unívoca, bidireccional, entre as prosas ou cró¬nicas que viron a luz en El País pontevedrés ata as contidas en Crónicas de una transición intransigente e que, sen dúbida, se estenden até as compiladas neste libro pois o humus que as sustentan é idéntico: escrita entendida como intervención pública, como medio de evidenciar aquilo que resulta máis palmario nunha dirección que asume os presupostos ideolóxicos da esquerda e do marxismo, como precisa e necesaria esi¬xencia persoal para reivindicar a propia esencia da liberdade creativa e de opinión que, no seu caso, supón, un indiscutible retorno ás raigames …
De letras e de imaxes nas aulas de Primaria nace das inquedanzas e reflexións de investigadores, vinculados ao grupo LITER21 (GI-1839) e ao Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, sobre o acto cocreador da lectura textual e visual.
Conscientes de que no transcurso da Educación Primaria o alumnado precisa asentar o hábito lector, toman como base fundamental a Literatura Infantil e Xuvenil, entendida como recurso para a amosar como se pode estudar e ensinar que é e como se accede á Literatura.
Desde a dupla óptica da Educación literaria e a …
Neste volume recóllense unha serie de artigos que Antonio
Gramsci escribiu entre os anos 1914-1918, é dicir, inicio e fin
da Primeira Guerra Mundial e a aparición, súbita, cara ao leste,
da Revolución bolxevique.
Escritos de mocidade ilustra o itinerario socialista do Gramsci
mozo: proposición de entrada en guerra de Italia a carón dos
aliados e influencias da esquerda anti-conflito reunida en
Zimmerwald, contacto coa clase obreira turinesa e o espectáculo
dos seus combates, o esforzo por elaborar unha vía
orixinal italiana do marxismo, contra as influencias positivistas
e por un retorno ás posición hegelianas vía Benedetto
Croce, o encontro coa definición rusa e o esforzo por definir
o bolxevismo.
Mais tamén un …
EDUCACIÓN DEMOCRÁTICA OU BARBARIE.
Os concellos abrirán camiño.
______________________________
O financiamento dos concellos está moi vencellado ás transferencias e subvencións. Ambos os dous recursos son ingresos tributarios que pagan persoas alleas ao municipio beneficiado. É dicir, que se produce unha redistribución de rendas que debe ser considerada e analizada. En caso contrario as subvencións poden ser manifestamente mellorábeis. Tamén as subvencións se xustifican pola capacidade e esforzo fiscal, por teren competencias compartidas e pola solidariedade ou colaboración institucional. Pero outras veces son froito do clientelismo e do paternalismo, da reprodución política e da corrupción. E cando isto sucede, aparece a desorde e tamén …
Título: OUTRAMENTE
Autora: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
Xornal de Galicia tivo o privilexio de contar entre as súas firmas cunha líder de opinión de indiscutible nivel argumentativo. A chegada da profesora Pilar García Negro a Xornal de Galicia impregnou -aínda máis- as páxinas do diario de paixón pola defensa da lingua propia de Galicia a través de argumentos e razoamentos consistentes, pero tamén a través de sentimentos de pertenza a un país, a unha lingua, a uns símbolos e a uns referentes históricos.
JOSÉ LUIS GÓMEZ, director-fundador de Xornal de Galicia.
Os lectores de Xornal... adoitaron recibir os artigos desta analista con complexos debates, …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.