Textos clásicos

Historias Libros I e II
Historias Libros I e II
Heródoto

As Historias de Heródoto constitúen a primeira organización intencionadamente racional e con ánimo de perdurar no tempo dunha obra histórica, para evitar que as grandes fazañas humanas queden relegadas ao esquecemento. Ofrece unha explicación dos feitos lonxe da interpretación a través dos mitos. O núcleo da súa obra está fixado no ser humano e non nas divindades da cultura clásica. Para construír o relato, Heródoto espreme o relato e ofrece discursos enfrontados para que o lector saiba das dúas opinións sobre un mesmo feito. A través da anécdota e do amor polo detalle fiados con acontecementos máis importantes, ofrece unha …

Leer más
19.95 € 21.00 € Rústica
Adolphe
Adolphe
Benjamin Constant

Estamos ante proposta para a literatura galega da tradución dun texto relativamente curto e, en gran parte, inxustamente esquecido da literatura francesa, pero que se sitúa nos albores da novela romántica, (lembremos Atala(1801) e René (1802) de Chateaubriand, ou Corinne(1808) de Mme de Staël) coa que comezaría a saga da grande novela moderna francesa do XIX. Trátase de Adolphe (1816) de Benjamin Constant. Sitúase pouco despois das obras mencionadas e so quince anos antes que do primeiro gran relato deste século Le Rouge et le Noir(1830), e dalgunha maneira contribúe a explicar e a poñer a andar unha nova escritura …

Leer más
14.19 € 14.94 € Papel
Millo verde
Millo verde
Fernández Ferreiro, Xosé

Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que Xosé Manuel Ortiz Cancela,un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade, foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade. Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Cómo era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais, ¿por quen?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, …

Leer más
18.52 € 19.50 € Tapa blanda o bolsillo
Antoloxía da lírica galego-portuguesa
Antoloxía da lírica galego-portuguesa
Arias Freixedo, Xose Bieito

Esta Antoloxía da lírica galego-portuguesa é unha obra monumental. A través dela, os lectores e lectoras galegos teñen acceso, por primeira vez desde unha edición galega, a un corpus tan amplo como xeneroso da nosa lírica medieval. Da man do especialista en estudios literarios medievais Xosé Bieito Arias Freixedo ofrécese por fin a oportunidade de acceder ao máis salientable do cancioneiro profano -cantigas de amigo, cantigas de amor e cantigas de escarnio e maldicir-. Poemas de Martin Codax, Airas Nunes, Don Dinis, Meendinho ou Pero Meogo, por só citar algúns entre unha amplísima nómina de autores e de textos seleccionados, …

Leer más
33.20 € 34.95 € Tapa blanda o bolsillo
Trece badaladas
Trece badaladas
de Toro, Suso

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza.Trece badaladas, a nova novela de Suso de Toro, é un relato que arrinca dun acto de rebelión moi afastado no tempo, da cifra máxica por excelencia: …

Leer más
23.70 € 24.95 € Tapa blanda o bolsillo
Cantares gallegos (facsimilar)
Cantares gallegos (facsimilar)
Rosalia De Castro
EN 1863 PUBLICáBASE CANTARES GALLEGOS DE ROSALíA DE CASTRO, OBRA, DA QUEESTAMOS CELEBRANDO O CENTO CINCUENTA ANIVERSARIO, QUE SOE CONSIDERARSE COMO OINICIO DO REXURDIMENTO DA LITERATURA GALEGA.
12.35 € 13.00 € Papel
Amor de Artur
Amor de Artur
Méndez Ferrín, X. L.

Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico. o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do amor cortés. A recuperación dos vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín. . ., supón o anovamento do pulo creativo, da tensión imaxinaria. A materia de Bretaña proporciónanos un camiño de recuperación da vella enerxía narrativa polo regreso ás fontes. Mailos heroes cos seus grandes ideais tráennos o alento quente da enerxía aventureira. ¿Quen non …

Leer más
18.52 € 19.50 € Tapa blanda o bolsillo
Era por setembro
Era por setembro
Quiroga, Xabier

Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia. Foi o encontro coa figura de don Manuel -o primeiro amor da súa nai- e os conflitos co seu pai, motivados pola súa amizade con este escritor condenado á soidade e vixilado polos seguidores do réxime, os acontecementos decisivos que levarán a Aldara a perder definitivamente a inocencia e a descubrir que non hai razóns para ter medo …

Leer más
18.52 € 19.50 € Tapa blanda o bolsillo
Anaiansi
Anaiansi
Heinze, Úrsula
Anaiansi editado por Ir indo
7.51 € 7.91 € Papel
Novelas exemplares
Novelas exemplares
A.A.V.V.

Non é habitual que as obras de escritores españois sexan traducidas ao galego, mentras que o contrario está plenamente normalizado. Que este desnivel, tan aceptado por lectores, editores e administracións, comece a crebar é moi bo sinal para as nosas letras. A normalización do galego pasa polas adaptacións da Literatura Universal, do mesmo xeito que pasa polas novas creacións literarias. Haberá quen pense que pouco hai que engadir ás numerosas edicións exsistentes das NOVELAS EXEMPLARES de Miguel de Cervantes, pero crer que esta obra non precisa ser vertida ao galego para poder ser desfrutada, é minorizala súa relevancia, non da …

Leer más
17.10 € 18.00 € Papel
Vidas senlleiras
Vidas senlleiras
Cabana, Darío Xohán

A parroquia de Rozas déitase ás beiras do río Anllo no verdadeiro corazón da terra Cha, onde os carballos son aínda máis fermosos ca en ningún outro lugar da terra, especialmente na primavera, cando empezan a follecer. O Anllo, que polas terras de Abadín é aínda un río de curso decidido e semellante dos outros, ó entrar en Goá faise repousado e dubidoso, tanto que no preciso límite entre esta parroquia e a de Moncelos divídese en dous, e o brazo menor colle o nome de Guisande para ir facer a famosa lagoa de Valverde, onde disque xace asolagada unha …

Leer más
18.52 € 19.50 € Tapa blanda o bolsillo
Atuado na braña
Atuado na braña
Quiroga, Xabier

Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que provoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súa familia biolóxica. Luis Salgueiro deixará o temón da súa empresa en mans de persoas da súa confianza e acometerá unha viaxe apaixonada cara ás súas orixes agachadas na Casona do Saviñao e na braña lamacenta de Bouzuás, onde se ocultan, dende hai anos, a Meiga e dúas rapaciñas novas. Unha viaxe na que Luis Salgueiro …

Leer más
23.70 € 24.95 € Tapa blanda o bolsillo
Elementos 1 a 12 de un total de 70


Aviso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.